Mámoa de Agra do Conde

Nome oficial: Mámoa de Agra do Conde
Código Inventario: GA36005038
Ficha do PXOM: X-038
Tipo: Lugar funerario/Túmulo
Cronoloxía: Neolítico


Descrición:
Túmulo megalítico duns 20 metros de diámetro e 1,5 m de altura, a escasos metros dun camiño que sube cara o Outeiro de Carracedo.

Presenta un furado de violación duns 4 metros de diámetro e 1 m. de fondo.

Sobre a superficie do túmulo aprécianse restos dunha coiraza de recubrimento formada por pedras de granito de mediano tamaño. A uns 5 m. ao norte da mámoa pasa unha pista forestal.

Tralos incendios que asolaron o norte de Bemil en 2017, o lume pasou por riba da mámoa deixándoa moi visible. Aprécianse as súa grandes dimensións perfectamente dende o camiño. Un impoñente túmulo funerario moi visible cun gran cono e violación que aventura a existencia dunha cámara funeraria tamén de grandes dimensións, descoñecemos se desaparecida polos traballos de furtivos ou se aínda estará presente baixo a terra do túmulo.

(fonte: ficha de inventario da Xunta de Galicia redactada por Mª Carmen Álvarez García e Manuel Lestón Gómez)

Mensaxes