Patrimonio Natural


Outeiriños, penedos, bosques, covas, formacións naturais caprichosas…. a man das persoas e da natureza confúndense nunha paisaxe natural que foi ao longo dos séculos utilizada, transformada, construída e reinterpretada simbolicamente dando lugar a unha rica e marabillosa literatura oral. A protección do noso patrimonio material e inmaterial non se entende se non vai parella á protección da súa contorna natural. Isto é aínda máis claro no tocante ao noso patrimonio inmaterial.

Unha lenda, un rito, unha tradición sen a existencia da pedra, do monte, da fonte, do río ou do elemento natural ou material ao que vai asociada perdería todo o seu sentido e significación cultural dentro da comunidade social na que se produce. A perda do soporte tanxible ao abeiro do cal se desprega toda a nosa riqueza inmaterial supón a desaparición irreversible dese patrimonio intanxible. Por iso a conservación de todo patrimonio cultural ten que ir obrigatoriamente da man da protección e conservación do patrimonio natural.

O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é unha proposta que pretende pór en valor o importante e rico patrimonio natural e arqueolóxico do contorno de Couto do Pornedo e dos Sete Camiños. Un espazo que conforma unha unidade natural e que actualmente abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra; Postemirón e Figueirido, en Vilaboa e San Xulián, en Marín. Resulta, pois, prioritario proceder a protexer estas áreas de gran valor natural e cultural das posibles agresións.

Vexamos agora cal é esa riqueza natural que atesoura Os Sete Camiños.

 

A hidroloxía

No Espazo dos Sete Camiños podémonos atopar con diferentes zonas húmidas, terreos enchoupados polas chuvias invernais e algunha brañeira.

Por estes montes discurren varios regatos entre os que podemos citar o coñecido como O Río das Flaires, que nace preto da Fonte da Prata e que percorre a parroquia de Salcedo, cambiando de nome segundo o tramo: no Nabalexo pasa a chamarse O Río do Outeiro e ao chegar ós Muíños do Batán coñécese como O Río do Batán. Este regato forma parte do Val do Tomeza e alimenta coas súas augas ao Río Tomeza, coñecido en Pontevedra como O Río dos Gafos.

En Lourizán temos o nacemento do rego coñecido como O Regueiro, preto do Petróglifo do Outeiro da Hedra, que pasa a chamarse sucesivamente O Río do Louredo, O Río das Cubas, O Río da Guiñadoira, O Río do Rial e O Río do Santo, ata a súa desembocadura, nos Praceres.

En San Xulián temos o Río do Pornedo, que nace na aba do monte con ese mesmo nome e que forma parte do Val do Lameira. Este regato, despois de atravesar o lugar da Pena, únese co Río da Agrela, que á súa vez se une co Rio de Castiñeiras xa en Marín, e un pouco máis abaixo acaba por unirse co Río Lameira, que atravesa a vila de Marín, soterrado no último tramo, para desembocar na Banda do Río.

Toda esta grande cantidade de acuíferos é de vital importancia para as comunidades locais xa que dan servizo, a través de fontes, pozos e traídas, á veciñanza das parroquias do arredor.

A Fonte da Prata, Os Pozos das Flaires, Fonte Lebosa, O Manancial das Retortas, O Pozo de Méndez ou Manancial Estripeiro, A Fonte das Pulgas, A Poza da Fontiña, Os Pozos Doces, Os Pozos de María a de Liño, A Traída do Alto de San Martiño, A Traída da Armada, A Traída da Esculca... son só algúns destes mananciais que abrollan nos montes do espazo dos Sete Camiños.

A vexetación dos Sete Camiños

Podemos afirmar que os Sete Camiños é un espazo rico en flora. Por desgraza, ao longo dos anos e froito dunha explotación madeireira irracional, gran parte da vexetación autóctona viuse desprazada por especies foráneas, procedentes de Australia, principalmente polo eucalipto (Eucaliptos globulus), e en menor medida pola Acacia Negra (Acacia melanoxylon) e a Mimosa (Acacia dealbata), as especies invasoras máis estendidas ao longo deste territorio. Unha das consecuencias máis negativas deste tipo de explotacións forestal é a escasa biodiversidade que afecta tanto á flora como á fauna: son poucas as plantas que se dan no medio deste tipo de monocultivo.

Malia ao dito, no espazo dos Sete Camiños podemos observar unha grande diversidade de vexetación, xa sexa en forma de monte raso ou de masas arbóreas. Entre as especies que se atopan podemos citar: laurisnobilis, rusculusaculeatus, quercusrobur, así como grande cantidade de exemplares procedentes de plantacións artificiais, fundamentalmente piñeiros, abetos e pés de castanea sativa .

A plantación de soutos e outras árbores autóctonas por parte das comunidades de montes de Salcedo e de Lourizán, e a eliminación de especies invasoras que están levando a cabo son mostras esperanzadoras dun uso máis sostible do monte e un paso máis no camiño da recuperación do noso patrimonio forestal.

Máis información aquí

.
Arctium minus-pegotes, herba dos amores
.
Arenaria montana subsp. montana
.
Asplenium billotii
.
Carex caryophyllea
.
Carum verticilatum-carbea,comiño dos prados
.
Erica cinerea-carrasco
.
Erica cinerea-carrasco
.
Genista triacanthos
.
Halimium lasianthum subsp. alyssoides-carqueixa boieira
.
Hypericum undulatum-abeloura, herba das feridas, herba do San Xoan
.
Jasione montana-borla azul
.
Linaria saxatilis-paxariños
.
Lithodora postrata-herba das doas
.
Pedicularis sylvatica-herba piolleira, chuchamelos
.
Picris hieracioides subsp. longifolia
.
Ranunculus ololeucos-ouca, herba da prata
.
Romulea bulbocodium-abeirotas
.
Scilla autumnalis
.
Sedum anglicum-pan de lagarto, piñeiriña, uva de raposo
.
Senecio sylvaticus
.
Ulex europaeus-toxo arnal
.
Silene nutans subsp. nutans
.
Solidago virgaurea-vara de ouro

 

A fauna dos Sete Camiños

Son moitas as bestas que pacen ceibes por estes cumios. A milenaria actividade gandeira convive coa explotación forestal e cos novos usos do monte. Xunto aos animais en semiliberdade conviven outros animais salvaxes, que sobreviven malia á crecente presión humana. Para asegurar a súa supervivencia, faise necesario establecer espazos protexidos, reservas biolóxicas que aporten un espazo vital a estas especies animais, onde poidan vivir e reproducirse.

Recollemos a continuación unha pequena clasificación da variada fauna que habita a zona comprendida no espazo dos Sete Camiños. Os cadros que aquí incluímos amosan a fauna clasificada en catro grupos (anfibios, réptiles, mamíferos e aves), indicando en cada caso o seu nome científico, nome común, tanto en galego como en castelán.

Máis información aquí

 

Mamíferos - Reptís - Anfibios

 
.
Coello bravo (Oryctolagus cuniculus)
.
Esquío (Sciurus vulgaris)
.
Ourizo cacho (Erinaceus Europaeus)
.
Pintafontes común (Lissotriton boscai)
.
Escáncer común (Anguis fragilis) femia
.
Escáncer común (Anguis fragilis) macho
.
Esgonzo común (Chalcides striatus)
.
Lagarta galega (Podarcis bocagei) femia
.
Lagarta galega (Podarcis bocagei) macho
.
Lagarto arnal (Timon lepidus) cría
.
Lagarto arnal (Timon lepidus)
.
Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
.
Ra patilonga (Rana iberica)
.
Ra verde (pelophylax pereci)
.
Saramaganta (Chioglossa lusitanica)

 

Aves

   
.
Liñaceiro común (Carduelis cannabina)
.
Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus)
.
Carriza (Troglodytes troglodytes)
.
Chasco (Saxicola rubicola) femia
.
Chasco (Saxicola rubicola) macho
.
Escribenta común (Emberiza cirlus)
.
Folosa amarela (Hippolais polyglotta)
.
Niño de estreliña riscada (Regulus ignicapilla)
.
Paporrubio (Erithacus rubecula)

 

Insectos

   
.
Coenonympha dorus ssp bieli
.
Colias crocea (amarela)
.
Hipparchia alcycione
.
Hipparchia alcyone
.
Macaón (Papilio machaon)
..
Pararge aegeria
.
Pavo real (Inachis io)
.
Plebejus argus
.
Vanessa atalanta
.
Candil curvado (Onychogomphus uncatus)
.
Carabus lateralis
.
Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) femia
.
Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) macho
.
Vacaloura (Lucanus cervus) macho
.
Vacaloura (Lucanus cervus) femia
.
Scolia hirta
.
Escarabello da nariz sangrante (Timarcha goettingensis)

 

Nomes comúns de algunhas das especies presentes nos Sete Camiños

Anfibios

Nome Científico Galego Castelán

Chioglossa lusitánica
Salamandra salamandra
Triturus boscal
Triturus marmoratus
Discoglossus galganoi
Bufo bufo
Bufo calamita
Hyla arbórea
Rana Ibérica
Rana perezi

Samaratanga
Píntega común
Pintafontes común
Pintafontes verde
Sapiño pintoxo
Sapo común
Sapo corriqueiro
Rela común
Rá patilonga
Rá verde

Salamandra rabilarga
Salamandra
Tritón ibérico
Tritón jaspeado
Sapillo pintojo ibérico
Sapo común
Sapo corredor
Ranita SanAntón 
Rana patilarga
Rana común

 

 

Reptis

Nome Científico Galego Castelán

Anguis fragilis
Lacerta lepida
Podarcis bocagei
Natrix maura
Natrix natrix
Lacerta schreiberi 

Escáncer común
Lagarto arnal
Lagartixa galega
Cobra viperina
Cobra de colar
Lagarto das silvas

Lución
Lagarto ocelado
Lagartija de Bocage
Culebra viperina
Culebra de collar
Lagarto das silvas

 

 

Mamíferos

Nome Científico  Galego Castelán

Apodemus sylvaticus
Crocidura russula
Eliomys quercinus
Eqqus ferus
Erinaceus europaeus
Martes martes
Meles meles
Mus musculus
Mustela nivalis
Oryctolagus cuniculus
Pipistrellus pipistellus
Rattus norvegicus
Sciurus vulgaris
Sus scrofa
Talpa occidentalis
Vulpes vulpes
Visón americano

Rato do campo
Furaño común
Lirón careto
Cabalo
Ourizo cacho
Martaraña
Teixugo
Rato caseiro
Denociña
Coello bravo
Morcego común
Rata común
Esquío
Xabarín
Toupa ibérica
Golpe - Raposo
Musgaño

Ratón de campo
Musaraña gris
Leirón careto
Caballo
Erizo europeo
Marta
Tejón
Ratón casero Comadreja
Comadreja
Conejo
Murciélago enano
Rata parda
Ardilla roja
Jabalí
Topo ibérico
Zorro
Garduña

 

Aves

 Nome Científico  Galego  Castelán

Saxicola torquata
Buteo buteo 
Accipiter gentilis
Dendrocopos major
Picus viridis
Aegithalos caudatus
Parus ater 
 Lophophanes cristatus
Parus major  
Cyanistes caeruleus
Regulus ignicapillus  
Sylvia atricapilla
Phylloscopus collybita
Phylloscopus ibericus
Streptopelia turtur  
Streptopelia decaocto
Turdus philomelos
Strix aluco
Otus scops
Garrulus glandarius
Certhia brachydactyla 
Prunella modularis

Chasca común 
Miñato común
Azor 
Peto real
Peto verde
Ferreiriño rabilongo
Ferreiriño negro
Ferreiriño cristado
Ferreiriño real 
Ferreiriño azul 
Estreliña riscada  
Papuxa das amoras
Picafollas común
Picafollas ibérico
Rula común 
Rula turca 
Tordo común
Avelaiona
Moucho de orellas
Gaio 
Gabeador común 
Azulenta común 
Tarabilla común
Águila ratonera
Azor común
Pico Picapinos
Pito Real
Mito
Carbonero garrapinos
Herrerillo capuchino
Carbonero común
Herrerillo común
Reyezuelo listado
Curruca capirotada
Mosquitero común
Mosquitero ibérico
Tórtola común
Tórtola turca
Zorzal común
Cárabo común
Autillo europeo
Arrendajo
Trepador común o europeo
Acentor común

 

Micoloxía

OS FUNGOS DO ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DE SETE CAMIÑOS

As persoas que practican a micoloxía gastronómica coñecen a presenza nestes montes de distintas especies apreciadas culinariamente gastronómicamente, como son as andoas (Boletus aestivalis (Paulet) Fr., B. edulis Bull.: Fr., B. pinophilus Pilát et Dermek), as cantarelas (Cantharellus cibarius Fr., Cantharellus pallens Pilát), a lingua de gato (Hydnum repandum L.: Fr.), o níscalo (Lactarius deliciosus), a zarrota (Macrolepiota procera (Scop.: Fr.) Singer) ou a couveflor de monte (Sparassis crispa Wulfen: Fr.) e tamén saben que deben evitar recoller especies tóxicas como Agaricus xanthodermus Genev., A. moelleri Wasser, Amanita muscaria (L.: Fr.) Hook., Hypholoma fasciculare (Huds.: Fr.) P.Kumm., Macrolepiota venenata Bon, Scleroderma citrinum Pers. ou S. polyrrhizum J.F.Gmel.: Pers., ou que poden ser ata mortais como Amanita phalloides (Vaill.: Fr.) Link, A. pantherina (DC.: Fr.) Krombh., Lepiota spp. (Lepiota cristata (Bolton) P. Kumm., L. brunneoincarnata Chodat & C. Martín, L. helveola Bres.,.....) ou Paxillus involutus (Batsch: Fr.) Fr.

Máis información aquí

 

.
Macrolepiota Procera


 
.
Armillaria Mellea
.
Cantharellus Cibarius
.
Cantharellus Lourizanianus
.
Cantharellus Gallaecicus
.
Flammulina Velutipes var_cytisicola


 
.
Craterellus Pontevedrensis
.
Craterellus Pontevedrensis

 

 

Unha iniciativa de: