Petróglifo de Pumariño (O Outeiro Grande)

Un petróglifo de época medieval entre os gravados do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

 7 camiños

A representación interpretouse como dúas figuras antropomorfas armadas, unha delas con escudo, lanza e casco, en forma de emblema heráldico.

Singularmente estes gravados non se fixeron sobre unha rocha de granito, como na maioría dos petróglifos, senón sobre un penedo de xisto.

A rocha é coñecida pola veciñanza como “O Outeiro Grande”.

Na súa contorna localizábanse “As Pedras de Heraclio”, un suxerinte nome con reminiscencias lendarias que nos remite ao heroe grego.

Poderalos atopar dentro do recinto valado:

Todos os gravados rupestres (independentemente da súa cronoloxía) están considerados como Ben de Interese Cultural e reciben a máxima protección da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

 

Unha iniciativa de: