Conxunto Rupestre do Pornedo

No Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños tamén se poden apreciar representacións
de armas da Idade do Bronce

 7 camiños

Na rocha nº1 destacamos a presenza dunha espada longa con mango e un puñal triangular ao seu carón.

A aparición de armas entre os gravados abstractos e esquemáticos axudou á investigación a atopar a cronoloxía dos petróglifos, xa que armas iguais a estas aparecen durante as escavacións arqueolóxicas dos xacementos da Idade do Bronce (1900-1700 a C.).

Parte do soporte da rocha 2 está afectado por gravados modernos realizados por Pepito Meijón.

Este personaxe marinense do séc.XX deixou a marca do seu punteiro sobre pedra de toda a bisbarra, e aínda que adoitaba respectar os gravados prehistóricos, non o fixo neste caso.

 

Unha iniciativa de: