Mámoa do Catadoiro nº 2
O xacemento arqueolóxico máis común
durante o neolítico galego son as mámoas
Recentemente un veciño de Lourizán atopou este pequeno túmulo de escasas dimensións dentro do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Estas tumbas foron violadas polo furtivismo dende tempos ancestrais para roubar os enxovais funerarios que acompañaban ás persoas defuntas depositadas no mausoleo e, en tempos máis recentes, para tirar as pedras para a construción de valados e outro tipo de edificacións.
É por iso que todas as mámoas presentan un burato central como froito deses espolios.