Petróglifo do Outeiro da Hedra

As cazoletas e círculos son os elementos máis comúns e representados nos petróglifos

 7 camiños

Os gravados do Outeiro da Hedra están realizados sobre unha rocha plana nunha zona de tránsito cara ao cumio do monte.

Estes gravados deberon ser moito máis importantes co que se aprecia na actualidade. Queda este exemplo nunha rocha illada, aínda que a escavación arqueolóxica das inmediacións podería descubrir novos motivos.

Foron localizados recentemente por un veciño de Lourizán.

Poderalos atopar ocultos baixo a vexetación

Hai moitas teorías acerca do seu significado, pero ningunha resulta definitiva: cosmogonía, propiciatoria da caza, fertilidade...

En calquera caso, o que resulta indiscutible é a importancia que tiñan na sociedade prehistórica que os creou, xogando un papel destacado na súa relixión e na súa visión do mundo.

 

Unha iniciativa de: