Petróglifo da Pedra do Escorregadoiro

Os gravados que vemos representan un exemplo moi pequeno do que realmente había nos nosos montes
e que desapareceu en tan dilatado espazo de tempo

 7 camiños

Localizado recentemente por un veciño de Salcedo.

Os motivos consisten en dúas liñas de cazoletas pequenas que transcorren en dirección Norte-Sur.

Os gravados realizáronse nun afloramento de grandes dimensións pero pouco relevante en superficie.

O seu nome fai referencia a que estes penedos foron lugar habitual de xogo da rapazada que ía ao monte co gando, xa que esvaraban por eles coma un tobogán.

Poderalos atopar por baixo da torre de alta tensión

Durante a prehistoria xa se plasmaron todos os estilos artísticos coñecidos na actualidade, dende o realismo (representado nos animais das covas paleolíticas) ata a abstracción máis absoluta, como pode verse neste esquemático gravado.

 

Unha iniciativa de: