Conxunto Rupestre do Outeiro da Mina
(O Regato dos Buratos/Outeiro das Mouras/A Chan das Mouras),
Rocha nº7, A Pedra do Encantamento

Outra das pedras destacadas dentro do conxunto do Regato dos Buratos/Outeiro da Mina, e recoñecida cun topónimo particular

 7 camiños

Esta rocha está situada ao carón do camiño e separada relativamente do conxunto principal. Os motivos representan combinacións de círculos concéntricos recheos de cazoletas pequenas.

O petróglifo destaca pola presenza dun elemento que asemella unha figura antropomorfa esquematizada, xunto a un zoomorfo tamén moi esquemático. Este motivo, representativo e característico deste penedo, faino único entre os gravados rupestres de toda Galiza.

No Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños predominan os motivos xeométricos, pero tamén temos exemplos de representacións de armas, no Conxunto Rupestre do Pornedo; de zoomorfos, nos Petróglifos dos Sete Camiños; e de antropomorfos, como é este caso da Pedra do Encantamento.

 

Unha iniciativa de: