Conxunto rupestre do Regato dos Buratos/Outeiro da Mina
(Outeiro das Mouras/Chan das Mouras), Rochas nº 1, 2, 3 e 6,
A Pedra do Fundamento (A Pedra das Mouras)

Numerosos grupos de gravados aparecen polos afloramentos rochosos dispersos no pequeno outeiro

 7 camiños

A Rocha nº1 foi seccionada a mediados do século XX, destruíndo parte dos gravados. A antropoloxía asocia este feito coa busca de tesouros ocultos por baixo dos penedos.

Os gravados aparecen orientados fundamentalmente cara o leste, cunha visibilidade abraiante cara ao val do río Tomeza e localizados sobre a depresión do río das Flaires.

Entre todas as rochas destaca a “Pedra do Fundamento”, coñecida pola veciñanza como “A Pedra das Mouras”, representativa de todo o conxunto por estar asociada con numerosas lendas de mouras e tesouros agochados.

Para ver os gravados con claridade:

O mellor é acudir ao monte nas primeiras horas do día, no amencer, e no solpor, cando os raios do sol caen declinando sobre o soporte acentuando a sombra do gravado. Ou á noite coa axuda dunha lanterna.

 

Unha iniciativa de: