Conxunto Rupestre do Regato dos Buratos/Outeiro da Mina
(Outeiro das Mouras/A Chan das Mouras), Rocha nº5

O motivo máis común dos gravados rupestres do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños son as combinacións circulares

mamamoa 7 camiños

Neste penedo do Conxunto do Regato dos Buratos/Outeiro da Mina, diferenciado dos demais como Rocha nº 5, podemos observar numerosos exemplos de motivos xeométricos. Algún deles aproveita o resalte e a forma da pedra para darlle volume ao círculo.

Os petróglifos son unha linguaxe simbólica que a día de hoxe aínda non fomos quen de descifrar, pois as comunidades que a crearon mudaron co tempo, igual que mudou a nosa relación co medio, coa natureza e o mundo espiritual.

Dos petróglifos de Outeiro da Mina xa existían referencias bibliográficas dende principios do século XX, non obstante, as circunstancias do seu emprazamento, dentro do ámbito dun recinto militar, impediron durante moito tempo realizar unha catalogación precisa.

Para ver os gravados con claridade:

O mellor é acudir ao monte nas primeiras horas do día, no amencer, e no solpor, cando os raios do sol caen declinando sobre o soporte acentuando a sombra do gravado. Ou á noite coa axuda dunha lanterna.

 

Unha iniciativa de: