Petróglifos de Pinal de Caeiro

Ademais de combinacións circulares entre os gravados deste penedo aparece unha espiral

 7 camiños

De novo atopamos unha representación complexa de círculos concéntricos, puntos e unha espiral enlazados con liñas formando unha figura xeométrica de tipoloxía esquemática.

Entre a veciñanza coñécense estes gravados co simpático nome de “O ciclista”.

O penedo elixido neste caso ten unha clara orientación ao solpor, cunha vistas abraiantes sobre o val do río Lameira, onde se sitúa a vila de Marín.

Pouco común

Pese ao que poida parecer as representacións de espirais non
son un motivo común entre o conxunto de gravados rupestres
galegos, a aparición desta espiral durante os traballos de posta
en valor é inédita.

 

Unha iniciativa de: