Petróglifos dos Sete Camiños

Na ruta arqueolóxica dos Sete Camiños tamén podemos atopar gravados rupestres con representacións de animais

 7 camiños

Localizado recentemente por un veciño de Lourizán. É curiosa a representación do corpo serpentiforme dunha delas, que xunto coas outras, sen cabeza ou sen patas, dálle un aspecto onírico a todo o conxunto, dominado por un círculo con cazoleta no centro da escena.

As formas de representar os cérvidos entre os petróglifos é moi variada, máis realistas (como os máis coñecidos do Concello de Campo Lameiro), ou de xeito esquemático coma neste caso, aínda que se diferencia ben que se trata de animais.

Aparecen de xeito moi esquemático; polo longo pescozo dunha das figuras poderíamos afirmar que se trata de cérvidos e ante a ausencia de cornas diríase que son femias.

Poderalos atopar a 20 m. do panel informativo

Os petróglifos galegos presentan unhas características propias
tan acusadas que permiten a súa individualización dentro da
arte rupestre europea, distinguida entre a investigación como
“Grupo Galaico de Arte Rupestre”

 

Unha iniciativa de: