Petróglifo do Campo de Tiro (As Apañadas)

O campo de tiro do cuartel da Brilat en Salcedo agochaba varios conxuntos de gravados

 7 camiños

Segundo as referencias, entre o cuartel existente e O Regato dos Buratos/Outeiro da Mina, existían tres grupos de gravados rupestres, con combinacións de círculos concéntricos e cazoletas.

Dado que o acceso está xa permitido, identificouse de novo este penedo como un dos grupos de gravados desaparecidos, denominado agora “Petróglifos do Campo de Tiro”.

Por atoparse dentro dun recinto militar non se tiña acceso aos gravados, aínda que se tratase dun Ben de Interese Cultural.

Este feito, unido á grande alteración da zona, deu lugar a que estes tres grupos de gravados se deran por desaparecidos

Poderalos atopar a 90 m. do camiño:

O nome dun xacemento arqueolóxico recíbeo da toponimia tradicional. Moitas veces este nome non coincide co que aparece nas fichas de inventario, porque durante a súa redacción non se atoparon persoas que informasen sobre o nome do lugar, como supoñemos que aconteceu neste caso.

 

Unha iniciativa de: