Mámoa dos Sete Camiños

Monumento tumular prehistórico de hai máis de 6000 anos

 

mamamoa 7 camiños

Durante o neolítico na Galiza estendeuse unha relixión que lle daba culto á morte. Soterrábase as persoas defuntas baixo mausoleos de terra e pedra coñecidos como mámoas. Neste caso trátase dun túmulo de pequenas proporcións e pouco relevante en superficie, moi cuberto de vexetación; cunhas dimensións de 13 m. no eixe N-S e 12 m. no eixe L-O.

Presenta unha violación central duns 3 metros de diámetro. Non se aprecian ortóstatos de cámara nin indicios de coiraza.

Esquema idealizado dun enterramento tumular:

Na relixión dos túmulos tiña moita significación a terra e a pedra, con diferentes tamaños, características e emprazamentos dentro dos monumentos.

 

Unha iniciativa de: