• Inicio
  • Contactar
  • Arqueoloxía
  • Patrimonio
  • Conservación
  • Musealizacións

Praza de España da cidade de Pontevedra

Escavación en area previa á construción do parking subterráneo

 

 

A intervención arqueolóxica realizada pola empresa A Citania Arqueoloxía ven dar cumprimento á resolución emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia en maio de 2002, a raíz dos restos atopados durante a escavación de sondaxes.

Nesa resolución autorizábase a construción do aparcamento condicionada a unha intervención arqueolóxica en área nas zonas onde se localizaran os achados e a un control arqueolóxico no resto do ámbito da obra.

En liñas xerais a escavación arqueolóxica deparou a aparición do foso da muralla medieval da cidade, así como restos do cemiterio nos arredores do Convento de Santo Domingo.

A intervención desenvolveuse entre os días 15 de abril e 30 de agosto de 2008.