Reparación da recreación do poboado da idade do bronce do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR)

Durante os meses de agosto e setembro de 2016, a empresa Citania Arqueoloxía S.L. executou os traballos de reparación da recreación do poboado da Idade do Bronce de Campo Lameiro.

Foi unha obra promovida pola Dirección Xeral do patrimonio Cultural da Secretaría de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria (en adiante DXPC).

O poboado recreado presentaba unha imaxe moi deteriorada, mato medrado, teitos caídos, palla barro desgaxado e cuarteado, madeira podrecida, etc.

O equipo de traballo estivo formado polos seguintes especialistas:

Israel Picón Platas, coordinador do equipo
Xurxo Constela Doce, arqueólogo
Eduardo Velázquez Turnes, arqueólogo
Pedro Felipe Mendes Cura, arqueólogo
Andrés Teira Brión, arqueólogo
Oscar Arias Álvarez, auxiliar de arqueoloxía
Álvaro Franco Silva, auxiliar de arqueoloxía

E consistiu en:

Rozado manual.

Realizouse o rozado de toda a superficie do poboado e lindeiros para poder traballar xa que o toxo e o mato acadaba unhas dimensións que dificultaban o tránsito polo terreo. O rozado fíxose mediante moto rozadora de mochila con cabezal triturador de residuos para descompoñer os restos da matogueira picada en materia orgánica.

Renovación do peche perimetral (Sebe) Extracción e retirada do peche existente.
Subministro e colocación de estacas de castiñeiro de entorno a 200 cm de longo e 8-10 cm de diámetro.
Subministro e colocación de varas de abeleira colocadas transversalmente entrelazadas coas estacas. As varas tiñan unhas dimensións entre 2 e 4 m. de lonxitude e de 1’5 a 3’5cm de diámetro.
Colocáronse 4 portas de madeira ao longo do balado, mediante a mesma técnica construtiva, estacas de castiñeiro e varas de abeleira entrelazada. As portas foron adornadas con bisagras feitas de coiro.

Reparación do barro

Renovación do interior da parede na base das cabanas.
Reposición da parede de arxila no exterior e interior da base das cabanas.
Revoco de toda a superficie interior e exterior das cabanas.
Hidrofugardo das paredes.

Reparación de teitos

Retirada da xesta xa degradada dos teitos das tres cabanas.
Replanteo do pico das cabanas circulares para o atado da xesta, substituíndo as pezas que estaban deterioradas.
Subministro e colocación de xesta para a formación do teito, atando as ramas a estrutura de madeira existente ata completar a cuberta cónica das cabanas circulares.

.
.


Colocación dunha lamina impermeable-transpirable de poliolefinas.
Reposición da subestrutura a base de paus de castiñeiro e abeleira sobre a lamina transpirable.
Colocación da segunda capa de xesta atada a subestrutura anteriormente colocada.

.
.

Reparación dos cabazos

Retirado das cubertas e madeiras de abeleira e castiñeiro das estruturas superiores, por riba do “garda ratos”.
Retirado dos postes que fan de base da estrutura plana de “garda ratos”. E reposición destes postes con madeira de carballo.

.
.

Colocación de novo da plataforma de “garda ratos” sobre os postes de carballo.
Colocación das varas de madeira que fan de base para o entrelazado da abeleira das paredes; colocadas nos mesmos buracos cas anteriores e cunhas dimensións semellantes para conservar o aspecto anterior.
Entrelazado de abeleira entre as varas das paredes.
Renovación do pico para o atado da xesta
Subministro e colocación de xesta para a formación do teito, atando as ramas a estrutura de madeira existente ata completar a cuberta cónica.
Colocación das portas, cun marco de madeira de abeleira, entrelazado de vimbios e bisagras de coiro.

 

.
.

 

.

 

 

 

 

 

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.