Visitas guiadas a Monte Penide-Mirallo: montepenideprehistorico

Durante o ano 2016 A CITANIA continuou as visitas divulgativas do Monte de Penide/Mirallo comezadas durante a actuación de posta en valor montepenideprehistorico.com.

Este ano queremos destacara a visita nocturna realizada o 9 de decembro de 2016. Consolidando as actividades de visita a este enclave arqueolóxico coa xa VI ANDAINA “MONTE PENIDE PREHISTORICO”- SAÍDA NOCTURNA

Aproveitouse a saída para dar a coñecer a iniciativa de instalación de pasarelas de observación para os petróglifos de Chan da Cruz e Poza da Lagoa.

As visitas están organizadas conxuntamente coa Asociación Cultural de Trasmañó, a Asociación Cultural Alén Nós, participando este ano tamén a Asociación deportiva e Cultural de Rande, e A CITANIA, por suposto!

Á visita do día 9 acudiron en torno a 150 persoas, un éxito de convocatoria alentado pola recente destrución, e reconstrución posterior, das pasarelas de observación por parte de actos vandálicos. Xa que as saídas, e reiteramos que esta é xa a VI, teñen un obxectivo claro de sensibilización medio ambiental.

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.