Control arqueolóxico do rozado manual do Castro de Muras / O Castelo

Durante os días 24 e 31 de outubro de 2016 baixo a dirección de Israel Picón Platas realizouse unha intervención de  Control arqueolóxico e rozado manual do Castro de Muras / O Castelo (Muras-Lugo), con código ED 102A   2016/379-0.

.
.

 

O proxecto foi promovido polo Concello de Muras e os traballos dividíronse en tres bloques:

Realización de rozado manual con motorozadora de mochila a gasolina para limpar e retirala maleza que cubre diferentes partes do Castelo.

Tala de especies arbóreas invasivas con machado e motoserra.

.
.

Baixo control arqueolóxico, velar porque o Ben Inventariado non padecera ningún tipo de dano material durante os traballos.

Localizáronse 5 parapetos e 3 foxos así como os alicerces da Torre da Homenaxe e 2 estruturas, xunto á torre, que se prolongan cara o nordeste.

O rozado acadou finalmente un total de 2500 m².

.
.

 

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.