Punto de Información Virtual do Patrimonio de Cotobade

.

O protocolo de traballo realizado sobre os elementos patrimoniais foi o seguinte:

a. Localización/identificación exacta dos bens.
Consistiu na visita e descarga dos diferentes inventarios da administración de cultura galega para ter unha cuantificación dos diferentes elementos que compoñen o Patrimonio de Cotobade. Foi necesaria a identificación exacta dos bens que aparecían nas fichas de catálogo. Logo procedemos a cotexar ou contrastar a situación e o estado actual dos Bens coa ficha previa atopando grandes anomalías en moitos casos.

b. Xeorreferenciación espacial dos elementos.
Toda a información extraída dos inventarios e do traballo de campo foi xeorreferenciada a través de GPS Submetrico Topcon GRS-1 tomando as UTM de  cada ben e logo foi envorcada nunha infraestrutura de datos espaciais creada ex proceso.O uso de “Sistemas de Información Xeográfica (SIX)” demostrou en multitude de disciplinas a súa idoneidade para a xestión de datos xeorreferenciados, sendo unhas ferramentas moi potentes para a documentación, análise e presentación de resultados.

.

As posibilidades que ofrece unha información xeorreferenciada do patrimonio cultural mediante os SIX, permite o seu tratamento con outras capas de información como datos de poboación, pendentes, vías de comunicación, imaxes, animacións, vídeo, voz e son, polo que nun ámbito xeográfico concreto constitúen como dixemos, unha ferramenta cun potencial moi importante para o estudo e a protección do patrimonio cultural de Cotobade.

www.patrimoniodecotobade.org

.

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.