Realización de sondaxes e consolidación dun tramo da muralla da Fortaleza de Lobeira, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

 

.
.

 

A realización de sondaxes arqueolóxicas no contorno e o acondicionamento e consolidación dun tramo de 25m. de muralla da fortaleza de Lobeira, planeouse como a fase inicial dun futuro proxecto de actuación global sobre este singular baluarte medieval, coa finalidade de recuperar un xacemento arqueolóxico e convertelo nun polo de atracción social de carácter eminentemente patrimonial.

.
.

 

A pretensión primordial da intervención é a de estimular a conservación e o disfrute do patrimonio entre a poboación local. Nada representa mellor esta filosofía que o feito de que o propio proxecto naza no seo dunha comunidade de montes, entre persoas que demostran unha clara vocación de salvagarda do seu propio legado cultural.

Unha cantidade importante de veciños que habitan nas inmediacións deste sitio arqueolóxico, convive con estes restos sen sabelo, independentemente do seu maior ou menor nivel cultural, polo que a súa conducta de agresión cara ao patrimonio efectúase por simple ignorancia. Para paliar esta situación deben planearse actuacións como a presente que conciencien ás poboacións locais sobre as potencialidades de desenvolvemento que encerra o patrimonio.

En síntese, o que se pretende é salvagardar e poñer en valor o patrimonio arqueolóxico desta zona, trazando unha estratexia de actuación conxunta a partir dunha intervención inicial e individualizada, para xerar unha política de desenvolvemento baseada na dinamización da oferta cultural.

 

.
.

 

.
.

 

 

.

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.