Creación dunha exposición permanente no Centro arqueolóxico do Barbanza

A empresa Citania Arqueoloxía S.L., contou coa axuda inestimable da profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela a Prfa. Dra. Josefa Rey Castiñeira investigadora principal do GEPN-Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico do Departamento de Historia I da USC (www.gepn.eu).

Esta investigadora tense centrado na caracterización tipolóxica da Idade do Ferro do NW peninsular, sistematización metodolóxica, tecnoloxía cerámica, as secuencias cronolóxicas relativas e periodización cultural.

Tamén teñen participado na elaboración do presente proxecto encargado polo Centro Arqueolóxico de Barbanza varios investigadores vinculados a este grupo de investigación como: Manuel Rodríguez Calviño, Andrés Teira Brión e María Martín Seijo.

A creación dunha nova exposición e interpretación dos materiais dos castros á beira deles, entra na pretensión do propio Centro de crear unha Colección Visitable cos materiais aparecidos nos dous xacementos.

Na exposición tratarase de relacionar os materiais dos dous castros “Grande e Pequeno”, indicando a súa situación, funcionalidade, cronoloxía, etcétera, e extrapolar o seu significado cara a propia cultura dos castros de Neixón e por extensión á da Cultura Castrexa no Noroeste Peninsular.

Para todo isto, establecéronse unha serie de eixos temáticos a partir dos materiais cos que conta o Centro e que servirán de para achegar ao visitante a determinados temas xerais da cultura de unha maneira didáctica.

 

 

 


 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.