CONTEXTUALIZACIÓN CULTURAL, REINTEGRACIÓN, CONSOLIDACIÓN E POSTA EN VALOR DA “CASA DAS VELLAS”, SABUCEDO, A ESTRADA (PONTEVEDRA)

A tradición oral fálanos de dúas mulleres de avanzada idade que a finais do século XVI escapan de Sabucedo cara o monte para non ser contaxiadas pola peste bubónica.

No monte viven nunha cabana afastada e ofrécenlle ao santo -San Lourenzo- que si non enferman lle entregarán unha parella de cabalos.

Ás protagonistas cumpren coa súa palabra e lle entregan á igrexa un par de cabalos, os cales son soltados polo monte para que procreen.

A tradición mantén que parte das bestas que se rapan son os descendentes daquela parella.

Esta actuación consistiu na limpeza e apertura dun área de escavación que abarcase tódolos muros que foran previamente localizadas polos membros da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, co fin de contextualizala edificación.

 


Logo procedeuse á reintegración e consolidación muraria e nunha última fase, realizamos o deseño e colocación de dous paneis explicativos así como a realización dun roteiro e charla que se realizou o día 4 de xullo no novo curro coincidindo cos actos da 4ª Gala da Rapa.

.
.

 

 .

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.