Prospección arqueolóxica realizada para a delimitación exacta do Camiño Portugués
O traballo de prospección arqueolóxica realizado para a delimitación exacta do Camiño Portugués consistiu basicamente localización e caracterización dos xacementos arqueolóxicos que aparecen ao longo da súa traza, considerados como partes integrantes do mesmo.
O Camiño Portugués amosou en moitos puntos ser unha vía de comunicación dabondo antiga, como xa se supoñía ao principio do traballo, dadas as propias características da Depresión Meridiana, como corredor natural.
En numerosas ocasións comprobouse cómo o camiño comparte traza con monumentos megalíticos, como acontece ao seu paso por o Chan das Pipas (Redondela) ou en Laraño, nas proximidades de Santiago. Estes adoitaban a emprazarse na penichairas, a carón dos principais eixos de comunicación que facían permeable a montuosa orografía galega nunha datas nas que os vales eran demasiado agrestes para o home.
Noutros puntos son os vestixios das calzadas romanas os que comparten o protagonismo coa vella rota de peregrinaxe, como acontece nunha ampla zona entre Redondela e Pontevedra, que é unha das de maior densidade de toda a antiga Romania en canto a achados de monumentos miliarios .
Finalmente temos elementos arqueolóxicos ou doutro interese patrimonial de carácter medieval que seguen atestiguando a contemporaneidade desas vellas trazadas, así coma o importante que era establecer lugares de control visual sobre as mesmas. Estes serán os que aparecerán no táboa final.
A prospección arqueolóxica partiu dun total de 491 elementos patrimoniais que preseleccionamos para a súa identificación en campo, dos que simplemente 53 teñen ao noso xuízo unha relación estreita coa rota de peregrinaxe portuguesa a Compostela.
Entre eles atopamos unha gran variedade tipolóxica, dende cruceiros e capelas a castelos rochosos, pasando por pontes medievais ou antigos trazados viarios romanos.
A continuación queremos facer unha escolma final con eles:
CONCELLO |
PARROQUIA |
BEN |
Tui |
O Sagrario |
Igrexa e Convento Sto. Domingo |
Tui |
O Sagrario |
Fonte abrevadoiro e lavadoiro Sto. Domingo |
Tui |
Rebordáns |
Igrexa de San Bartolomeu |
Tui |
Rebordáns |
Ponte do Louro |
Tui |
Rebordáns |
Capela Virxe do Camiño |
Tui |
Ribadelouro |
Ponte das Febres |
Tui |
Ribadelouro |
Ponte de Orbenlle |
Tui |
Ribadelouro |
Calvario da Magdalena |
O Porriño |
S. Estevo de Budiño |
Calzada romana “Ponte das Amíndoas” |
O Porriño |
S. Estevo de Budiño |
Monte Faro |
O Porriño |
Atios |
Capela Virxe da Guía |
O Porriño |
Cans |
Monte Castelo |
Mos |
Sta. Eulalia |
O Castelo |
Mos |
Guizán |
Miliario de Santiaguiño |
Redondela |
Cesantes |
Restos de calzada romana |
Pontevedra |
Pontesampaio |
Ponte de Pontesampaio |
Pontevedra |
Pontesampaio |
Ponte do Pozo Negro |
Pontevedra |
Pontesampaio |
Ponte Nova |
Pontevedra |
Pontesampaio |
Petroglifo do Pozo Negro |
Pontevedra |
Canicouva |
Castro de Sixto |
Pontevedra |
Lérez |
Igrexa Santiago Peregrino |
Pontevedra |
Lérez |
Camino de Pedra Picada |
Pontevedra |
Alba |
Cruces en Pontecabras |
Pontevedra |
Alba |
Igrexa parroquial de Alba |
Barro |
Agudelo |
Cruceiro de Valbón |
Barro |
Portela |
Capela de S. Amaro |
Barro |
Portela |
Cruceiro da Portela |
Caldas de Reis |
Carracedo |
Cruceiro da igrexa |
Caldas de Reis |
Sta. María de Caldas |
Igrexa parroquial |
Caldas de Reis |
Carracedo |
Capeliña e cruz dos camiñantes |
Caldas de Reis |
Sta. Mariña de Carracedo |
Igrexa parroquial |
Caldas de Reis |
S. Tomé e Sta. María de Caldas |
Capela de S. Roque |
Caldas de Reis |
Sta. María de Bemil |
Igrexa parroquial |
Caldas de Reis |
Caldas |
Cruceiro de Tivo |
Valga |
Campaña |
Cruceiro do Coto |
Valga |
Sta. María de Xanza |
Igrexa parroquial |
Valga |
S. Miguel de Valga |
Igrexa parroquial |
Pontecesures |
Pontecesures |
Ponte sobre o rio Ulla |
Padrón |
Iria Flavia |
Castro de Retén |
Padrón |
Iria Flavia |
Excolexiata de Sta. María |
Padrón |
Iria Flavia |
O Castelo |
Padrón |
Cruces |
Casa das Meigas |
Padrón |
Iria Flavia |
Cruceiros de Longaís |
Padrón |
Padrón |
Fonte do Carme |
Padrón |
Padrón |
Ermida de Santiago do Monte |
Rois |
Rebasar |
Castro Lupario |
Teo |
Calo |
Cruceiro de Francos |
Teo |
Calo |
Ponte de riotinto |
Dodro |
Dodro |
Torres de Lestrove |
Ames |
Biduído |
Capela da Madalena |
Santiago de Comp. |
Sta. María de Conxo |
Convento e igrexa de Conxo |
Santiago de Comp. |
Sta. María de Conxo |
Castelo da Rocha |
Santiago de Comp. |
Vidán |
Ponte Vella da Rocha |