Control arqueolóxico do rozado manual do xacemento arqueolóxico do Castelo de Pena (Xinzo)

.

A iniciativa do proxecto foi promovida pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (DXPC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para dar solución á maleza que está invadindo o Castelo de Pena.

Os traballos tiveron dous obxectivos:

      Realización de rozado manual con motorozadora de mochila a gasolina para limpar e retirar a maleza que cubre diferentes partes do Castelo. 

      Baixo control arqueolóxico, velar porque o Ben Inventariado non sufra ningún tipo de dano material durante os traballos.  

A Torre de “A Pena”, coñecida popularmente como o “Castelo de Porteliña”, ergueuse no século XII con intencións defensivas e de vixilancia, para prever os intentos de invasión de Afonso Henríquez de Portugal.

Despois de sufrir varios conflitos e preitos pola súa posesión, no século XVIII a fortaleza foi abandonada e destruída.

Destaca na actualidade a senlleira Torre de Homenaxe.

 

 

 

 

 


 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.