Escavación Arqueolóxica en área, difusión e campo de traballo de verán da “CASA DA NEVEIRA”, Xermade

O Campo de traballo posto en marcha serviu para deter a destrución lenta e continuada da “Casa da Neveira”, elemento patrimonial catalogado e por tanto protexido no PXOM de Xermade.

.

A grandes rasgos, o traballo planeado consistiu na escavación arqueolóxica da neveira e dos seus elementos anexos (almacén pegado a súa estrutura principal) para poder caracterizalo e obter unha valoración do seu estado de conservación. Información indispensable para planificar a posteriori a súa consolidación e utilización como recurso cultural nas rutas e sendas localizadas nas inmediacións (como é a ruta do Camiño Real da Carba) como elemento que forma parte do entorno natural e paisaxístico da Serra.

 

.
.

 

A maiores da propia execución da intervención, incidirá na difusión e posta en valor da Neveira, dando a coñecer Xermade e á escavación arqueolóxica ao longo da nosa xeografía inmediata. Deste xeito o proxecto adquire unha dimensión que vai máis alá da mera intervención arqueolóxica para situarse no ámbito dos programas socioculturais encamiñados ao reforzamento dos elementos identitarios da comunidade local a través do incremento do seu coñecemento histórico e da súa autoestima grazas á recuperación e revalorización do seu patrimonio material e inmaterial.


.
.

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.