Consolidación e restauración das ruínas de San Domingos, Pontevedra

 c

O convento de San Domingos foi construído no século XIV seguindo a tradición construtiva medieval, os traballos de consolidación e restauración realizados nas ruínas de San Domingos estiveron encamiñados a mellorar as condicións xerais dos restos do convento nos seguintes aspectos:

1) Visibilidade do soporte, por medio dunha limpeza que en xeral debía presentarse equilibrada, sen que esta chegara a acadar unha intensidade que puidera resultar agresiva con elementos coma restos de pinturas ou rebocos, relevos, molduras e mesmo cos diversos morteros presentes nas xuntas dos paramentos.

2) Mellora da estabilidade xeral da fábrica mediante o selado da estrutura que sen dúbida axuda de certo xeito a reforzar os paramentos.

3) Reforzado de aqueles elementos que presentaban inestabilidade estrutural co conseguinte risco de desprendemento e caída.

4) Actuacións sobre a pintura mural e lucidos. Os diferentes avatares sufridos o longo da historia por esta edificación levaron a que na actualidade tan só se conserven as ábsidas de todo o conxunto monacal. Durante a presente intervención orientada á limpeza e consolidación das ruínas de San Domingos, puidéronse localizar e cuantificar os restos de pintura mural e de morteiros decorativos.

5) Restauración do capitel e cornixas. As pezas restauradas formaban parte do grupo formado polos capiteis do arco triunfal do lado do Evanxelio, e o arco formeiro do cruceiro contiguo. Este grupo de capiteis compoñen un repertorio relixioso correspondente ó ciclo do Nadal Cristián.

De forma previa a dar comezo aos traballos propiamente ditos de consolidación das Ruínas de Santo Domingo, foi necesario proceder ao traslado daquelas pezas que conforman a Sección Lapidar do Museo de Pontevedra e cuxo emprazamento podía entorpecer a execución dos traballos e polo tanto, acabar derivando nun risco para a integridade das pezas. Isto supuxo o traslado daquelas pezas situadas no interior das capelas e das situadas ao carón dos muros interiores e exteriores da construción. En total efectuouse o reacomodo dun total de 44 pezas

 


.
.

 

.
.

 

.
.

 

.
.

 

 

. .
© Citania Arqueoloxía S.L.