O proxecto de musealización da empresa de arqueoloxía e xestión do Patrimonio A Citania recolleu tamén os elementos máis importantes do Patrimonio etnográfico, cultural e induastrial de Rande
O Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande, o Meirande, ten como misión sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza non só artística, senón tamén, socio-cultural e paixasística da zona; e ante todo a necesidade da súa posta en valor. Agardando, ademáis, que sexa un punto de encontro e de conexión directa coa veciñanza a cal poida verse reflectida no proxecto, aumentando deste xeito o carácter identitario do mesmo.