• Inicio
  • Contactar
  • Arqueoloxía
  • Patrimonio
  • Conservación
  • Musealizacións

Posta en Valor

Patrimonio Cultural e Paisaxístico de Estacas, Fornelos de Montes (Pontevedra)

 

 

Os traballos realizados polos arqueólogos da empresa A Citania Arqueoloxía xurdiron coma unha necesidade patrimonial básica e imperante ante o deterioro dos bens patrimoniais que representan os diferentes elementos atopados en Estacas: Foxo de lobo da Chan da Anduriña, Neveira da Chan da Anduriña, Chozos das Costas do Alén, Petróglifos de Chan de Remende 1 e 2, Petróglifos do Coto Home de Pedra 1 e 2, Petróglifos do Coto do Raposo 1, 2 e 3. A importancia de ter estes elementos patrimoniais, entre os que se atopan xacementos arqueolóxicos e construcións etnográficas dignas de mención e consideración radica sobre todo na súa singularidade, convertidos en fitos únicos e irrepetibles, e representando un pulo de explotación turística da vila de Fornelos de Montes.