• Inicio
  • Contactar
  • Arqueoloxía
  • Patrimonio
  • Conservación
  • Musealizacións

Escavación arqueolóxica no Convento de Santa Clara (Pontevedra)

Una viaxe de 750 anos

 

 

No ano 2021 o concello de Pontevedra adquire o convento de Santa Clara coa firme intención de abrilo cara á sociedade.

No ano 2022, financiado pola Deputación de Pontevedra, levouse a cabo un proxecto de avaliación arqueolóxica e histórico-artística do convento, realizado pola UTE de empresas de arqueoloxia de Galicia Citania arqueoloxia, PyA e Gabinete.

A intervención abordou o maior estudo desta natureza desenvolvido ata o momento en Pontevedra a partir da integración dun amplo equipo multidisciplinar composto por máis de 30 persoas: arqueólogos/as, auxiliares de arqueoloxía, historiadores/as da arte, documentalistas, restauradora, antropólogas forenses, técnico en SIX e canteiros.

Ademais de contar coa participación de profesorado das universidades de León, Cantabria, Santiago de Compostela, A Coruña e do Minho.

O complexo conventual de Santa Clara, é un amplo recinto de 15.417 m², con máis de 5.000 m² edificados. Os traballos realizados consistiron en:

  • Sondaxes arqueolóxicas: escaváronse manualmente 542 m² e mecanicamente 318 m².
  • Lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edificios e da cerca que delimita o solar.
  • Estudio histórico-artístico do conxunto do convento.
  • Baleirado documental relativo o convento desde á súa fundación en 1271 ata o século XX.