Dende o ano 2017, promovidas polo Concello de Redondela, A empresa A Citania Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio leva realizando de xeito mensual rutas guiadas para coñecer o patrimonio arqueolóxico e etnográfico da vila de Redondela. As rutas supoñen xa un clásico na axenda cultural redondelá e convoca a numeroso público interesado no patrimonio cultural de toda Galicia, especialmente da provincia de Pontevedra. Durante estes roteiros puidemos visitar xacementos e lugares emblemáticos do noso patrimonio cultural: Monte Penide/Mirallo, Castro de Negros, Castro da Peneda, Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Redondela, e un longo etcétera repartido polas parroquias do rural redondelán.