• Inicio
  • Contactar
  • Arqueoloxía
  • Patrimonio
  • Conservación
  • Musealizacións

Xeolocalización de elementos do Catálogo de Patrimonio de Vigo e comarca

Prospección arqueolóxica para xeolocalizar e delimitar os xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia

 

 

Os traballos deseñáronse en función do tipo de obra, a xeolocalización e delimitación dos xacementos identificados como lote 23, incluídos nos 11 concellos da Comarca de Vigo, para o cal se planeou unha intervención de prospección arqueolóxica intensiva.

As tarefas de prospección arqueolóxica que realizou a empresa A Citania Arqueoloxía realizáronse cunha aplicación de SIX instalada sobre un dispositivo móbil que permitiu ao persoal técnico en campo ter acceso á propia base de datos, con capacidades de crear novos xacementos arqueolóxicos, en caso de documentar algún novo elemento do Patrimonio, ou ben modificar e actualizar a información requirida na catalogación, como son tipo de delimitación, estado de conservación...

Ademais da toma de atributos para cada un dos bens, os xacementos delimitáronse desde a propia aplicación móbil. Esta documentación realizouse emparellando o dispositivo móbil a un GPS submétrico, mediante os sistemas de wifi ou bluetooth incorporados ao GPS, polo que se contou coa precisión esixida nos pregos do traballo.