Muíños da Sarumba e do Candán

 

Parroquia: Santa María de Bemil
Lugar: A Lavandeira

Os muíños da Sarumba e do Candán abastécense do Rego de Rabexe, no último treito do seu curso antes de verter ao Bermaña.

O muíño da Sarumba sitúase a uns 20 m augas arriba da do Muíño do Ameal, empregando a mesma canle de abastecemento. Actualmente atópase nun mal estado de conservación, sen cuberta e invadido pola vexetación.

O muíño do Candán situase algúns metros máis arriba e xa na ladeira. Non foi posible aceder ao seu emprazamento polo que se descoñece o seu estado de conservación actual.

 

Mensaxes