Muíño do río Follente

Parroquia: Bemil
Lugar: Follente, Regato de Cerqueira
Ficha do PXOM: A-034

Muíño de canle que presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas.

Conta cunha única roda.

Muros de cachotería reforzados nos ángulos con pedra de maior tamaño.

Acceso por un dos lados curtos, onde tamén se sitúa un pousadoiro.

O seu interior conserva en bo estado a maioría dos elementos estruturais (pé, moa...), así como os conformados por materiais perecedoiros (moega, erguedoiro...).

(fonte: ficha de inventario número A-034, do catálogo do PXOM)

 

 

 

Mensaxes