Muíños de Garrido

 

Parroquia: Santa María de Bemil
Lugar: A Lavandeira

Ao paso do río Bermaña pola parroquia de Bemil localízanse un total de 12 muíños. Seguindo o curso do río son: os tres muíños de Garrido, o muíño da Gateira, os catro muíños da Lavandeira, os muíños do Ameal, Sarumba e do Candán, no último treito do seu curso do Rego de Rabexe antes de verter ao Bermaña e, finalmente, o muíño do Treinol.

Os muíños de Garrido son un conxunto de 3 muíños situados á beira do río Bermaña, case no límite entre as parroquias de Bemil e San Andrés e a poucos metros augas abaixo da Ponte de Garrido ou Ponte de Ferro. Actualmente se atopan en moi mal estado de conservación.

 

Mensaxes