Muíño de Cerqueira

 

Parroquia: Santa María de Bemil
Lugar: Follente
Ficha do PXOM: A-035

O de Cerqueira é un muíño de canle que presenta planta rectangular e cuberta a unha auga que conta cunha única roda. Ten muros de cachotería reforzados nos ángulos con plementería de maior tamaño. O acceso é por un dos alzados costais. O seu interior conserva, en relativo estado, os seus elementos estruturais (pé, moa...), se ben a moega, erguedoiro e demais pezas de madeira atópanse xa desaparecidos.

Algúns informantes identificaron este muíño cos nomes de Muíño do Retortelo e Muíño da Agrela.

(fonte e fotografía: ficha de inventario número A-035, do catálogo do PXOM)

 

Mensaxes