Castro de Outeiro, de Paradela ou dos Tres Picos

Nome oficial: Castro de Outeiro, de Paradela ou dos Tres Picos
Código Inventario: GA36005008
Ficha do PXOM: X-008
Tipo: Castro/Asentamento Fortificado
Cronoloxía: Idade do Ferro

Descrición:
Emprazado no cumio dun monte cuberto de monte baixo e eucaliptos. O Castro ten unha forma elíptica irregular, xa que se adapta á forma do cumio do monte. Ten uns eixos de 120 m. (Norte-Sur) por 100 m. (Leste-Oeste).
Estaría constituído por unha croa alongada en dirección Norte-Sur, limitada no seu perímetro por un muro duns 1,50 m. de altura, e dunha gran terraza que rodea á croa e que ten un pequeno saínte ao Sueste ; ten unha anchura duns 15 m. de media e cae nunha forte pendente ao Noroeste , Oeste e Suroeste . Polo Leste a terraza tería unha altura de 1 m.e caería noutra terraza máis pequena duns 10 m., que ten unha forte pendente na súa caída.
Ao Norte poida que houbera un foxo hoxe desaparecido e reenchido pola decruación forestal.
(fonte: ficha de inventario da Xunta de Galicia redactada polos arqueólogos Vicente Paramés Moreira e Manuel Alfonsín Soliño. )

Imaxe L.I.D.A.R. obtida do I.G.N.

Mensaxes