Capela de Nosa Señora do Bo Consello

 

Parroquia: Bemil
Lugar: Paradela
Ficha do PXOM:  A-029


Edificación de planta poligonal con cuberta a dúas augas que presenta parámetros de cantería de boa calidade (“opus quadratum”). A fachada é simple e sen ornamentos, cun frontón triangular coroado por unha cruz latina sen figuración.

Nun lateral construíuse unha espadana cun único oco rematada en altura por pináculos e cruz.

Existe un epígrafe situado nunha das pedras de peche do recinto da capela, do que se descoñece a interpretación.


(fonte e fotografía: ficha de inventario número A-029, do catálogo do PXOM)

 

 

 

 

 

 

Mensaxes