Muíño do Ameal

 

Parroquia: Santa María de Bemil
Lugar: A Lavandeira

O Muíño do Ameal sitúase no curso baixo do rego do Rabexe, xusto onde este conflúe e verte as súas augas ao río Bermaña.

Caracterízase por tratarse dun conxunto de muíño con casa anexa, alpendres, cabana e pontella. O muíño ten dúas rodas, unha para trigo e outra para centeo e conserva todos os aparellos no seu interior.

De feito, estivo en uso ata hai moi poucos anos e os elementos de madeira foron restaurados recentemente. A canle deste muíño aproveita a auga que provén doutro muíño situado a uns 20 m máis arriba chamado Muíño da Sarumba e este, á súa vez, do Muíño do Candán situado xa na ladeira, de xeito que estes tres muíños se abastecen consecutivamente.

 

Mensaxes