Achados de Codesiños

Nome oficial: Achado de Codesiños 1
Código Inventario: GA36005A01
Ficha do PXOM: X-047
Tipo: Achados illados
Cronoloxía: Medieval


Descrición:
Foxa de terra e pedras localizada no perfil esquerdo dunha gabia; asociada a esta estrutura apareceu material cerámico medieval e romano.

Concretamente en canto ao material trátase de seis fragmentos de cerámica, oito fragmentos de tégula e un fragmento de tella. En canto á cerámica dicir que se trata de cinco panzas sen decoración e un fragmento de perfil completo, tanto os fragmentos de tégula como a tella atópanse moi rodados e hai que destacar que dous fragmentos de tégula conservan a pestana, uns deles bastante alta e o outra ancha e moi baixa.

Non entanto, non se observaron outro tipo de restos e indicios que nos axuden a definir os elementos achados.

(fonte: ficha de inventario da Xunta de Galicia redactada por Mª del Mar López Cordeiro e Elena Cabrejas Domínguez)

 

Nome oficial: Achado de Codesiños 2
Código Inventario: GA36005A02
Ficha do PXOM: X-048
Tipo: Achados illados
Cronoloxía: Indeterminado/Paleolítico
Descrición:
Trátase dun conxunto de materiais composto por cinco fragmentos de tégula moi rodados e fragmentados e catro líticos entre os que hai que destacar un bifacial sobre lasca de cuarcita con bordos laterais convexos e aresta lateral sinuosa con córtex na cara superior.

Ademais desta pezas atópase unha lasca de segunda orde, cuarzo con talón e bulbo suprimidos e dúas lascas de cuarzo de orixe antrópica dubidosa.
(fonte: ficha de inventario da Xunta de Galicia redactada por Mª del Mar López Cordeiro e Elena Cabrejas Domínguez)

(fonte e debuxo: ficha de inventario da Xunta de Galicia redactada por Mª Carmen Álvarez García e Manuel Lestón Gómez. Foto: Incipit-CSIC)

Mensaxes